Etiqueta: Proxecto

Viaxamos á Época Romana

Durante unhas cuantas semanas os rapaces e rapazas de terceiro estivemos a aprender un montón de cousas sobre a vida na Antiga Roma. Grazas a este proxecto puidemos profundizar no tema da historia de Ciencias Sociais, pero non so iso… Tamén fixemos un montón de cousas relacionadas! 

Decoramos o noso pasillo con mosaicos que fixemos na clase de Arts and Crafts, e aprendimos os nomes de moitos dos alimentos, construccións, animais ou outros elementos da natureza, tanto nas nosas linguas, como en inglés e en latín, e descubrimos que moitas se parecen ó castelan e ó galego por que ambas linguas proceden do latín. Tamén, en música, cantamos e tocamos cancións relacionadas con Roma, e en matemáticas fixemos problemas nos que averiguábamos, por exemplo, cantas persoas cabían no Coliseo (aínda que sabemos que o seu nome real era Anfiteatro Flavio) ou canta auga pode pasar por debaixo dunha ponte romana. Unha das cousas que máis nos gustou foi que decoramos o noso pasillo cunha recreación do Anteatro Flavio e cada un de nós fixemo un vídeo para explicar a vida de diferentes persoaxes da época: emperadores, esclavos, Deuses… Divertímonos un montón, pero tamén descubrimos cousas super curiosas, como por exemplo, por que se pon IIII nos reloxos o non IV (era para non enfadar o deus Xúpiter, ó que eles chamaban IVPITER). Deixámosvos este vídeo para que teñades unha mostra de todo o noso traballo. 

Esperamos que vos guste 

Vémonos! 

Coñecendo o meu Sagrado!

Durante os primeiros días de escola os/as pequenos/as de primeiro de primaria traballaron no proxecto “Coñecendo o meu Sagrado”. Con el investigaron as aulas que hai máis alá das de primeiro e  para iso tivemos a axuda dos maiores.

A nosa escola non só se move cos/as mestres/as, precísanse moitas profesións coma cociñeiros/as, persoal de limpeza, coidadores/as, administrativos/as e persoal de mantemento para que o Sagrado funcione correctamente.

Desde a cociña ao laboratorio, pasando por dirección e sen esquecer a capela, toda as persoas que traballan cóbado con cóbado para facer cada día a nosa escola mellor,  amosáronnos o seu funcionamento e aquí podedes velo.

© 2021 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑