Durante unhas cuantas semanas os rapaces e rapazas de terceiro estivemos a aprender un montón de cousas sobre a vida na Antiga Roma. Grazas a este proxecto puidemos profundizar no tema da historia de Ciencias Sociais, pero non so iso… Tamén fixemos un montón de cousas relacionadas! 

Decoramos o noso pasillo con mosaicos que fixemos na clase de Arts and Crafts, e aprendimos os nomes de moitos dos alimentos, construccións, animais ou outros elementos da natureza, tanto nas nosas linguas, como en inglés e en latín, e descubrimos que moitas se parecen ó castelan e ó galego por que ambas linguas proceden do latín. Tamén, en música, cantamos e tocamos cancións relacionadas con Roma, e en matemáticas fixemos problemas nos que averiguábamos, por exemplo, cantas persoas cabían no Coliseo (aínda que sabemos que o seu nome real era Anfiteatro Flavio) ou canta auga pode pasar por debaixo dunha ponte romana. Unha das cousas que máis nos gustou foi que decoramos o noso pasillo cunha recreación do Anteatro Flavio e cada un de nós fixemo un vídeo para explicar a vida de diferentes persoaxes da época: emperadores, esclavos, Deuses… Divertímonos un montón, pero tamén descubrimos cousas super curiosas, como por exemplo, por que se pon IIII nos reloxos o non IV (era para non enfadar o deus Xúpiter, ó que eles chamaban IVPITER). Deixámosvos este vídeo para que teñades unha mostra de todo o noso traballo. 

Esperamos que vos guste 

Vémonos!