Etiqueta: Curso 2017/2018 (Página 1 de 4)

¡FELICES VACACIONES!

Echando la vista atrás, este curso ha estado lleno de buenos momentos: proyectos, excursiones, festivales, Sagrado +, comuniones, día de Alén das Aulas, entrevistas memorables para el Faro da Escola, Pontenciencia, actividades de aprendizaje y servicio, recreos en la biblioteca, actividades con padres y madres en las aulas,… y un sinfín de situaciones inolvidables más en las que todos/as hemos crecido personal y académicamente.

Por ello, después de tanto esfuerzo y trabajo ¡nos vamos de vacaciones! No sin antes desearos a todos/as un feliz verano, especialmente, a nuestros/as alumnos/as de 6º que para el próximo curso comenzarán una nueva etapa para la que les deseamos mucha suerte.

¡FELIZ VERANO!

 

PONTENCIENCIA

Os nenos e as nenas de 6º d Primaria participamos este ano en Pontenciencia para o que realizamos catro investigacións seguindo os pasos do método científico que son: observación, plantexamento de preguntas, formulación da nosa hipótese, experimentación, análise dos datos obtidos e, por último, sacar as nosas propias conclusións para ver se a nosa hipótese foi aceptada ou refutada.

As investigacións que levamos a cabo foron:

  • O murchamento das flores cortadas; na cal o noso onxectivo era investigar que tipo de produtos se lle poden engadir ás flores cortadas para que duren máis tempo vivas.
  • Queremos ser máis saudables; que consistiu nunha investigación que tiña por obxectivo comprobar se facendo deporte de forma regular e levando a cabo unha dieta equilibrada, o noso IMC baixa.
  • Froita sólida ou froita batida?; nesta investigación o que queriamos comprobar era se a inxesta de froita batida aumenta máis o nivel de glicosa en sangue que cando se realiza a inxesta da froita en estado sólido.
  • Quen é máis forte?; con esta investigación queriamos ver se era certo que os nenos son máis fortes cas nenas, levando a cabo diferentes probas de forza e analizando os datos.

Pasámolo moi ben durante a realización das nosas investigación e ademais aprendemos un montón de cousas! Pero, o que máis nos gustou foi poder disfrutar da Feira da Miniciencia onde puidemos presentar as nosas investigacións ante o xurado e os/as nenos/as doutros coles.

Ademais, tivemos a sorte de conseguir o 2º Premio “Maruja Mallo” na categoría de Ciencia no cole pola nosa investigación “Froita Batida ou froita sólida?”.

Quinto por Europa

Dende os estudos do Sagrado Corazón traemos moitas novas sobre a situación Europea. Tras una exhaustiva busca de información e novas a nivel internacional e nacional, a creación de guións e moitos ensaios; estes xornalistas resumen o panorama político e social dunha forma moi divertida. Eso sí, sempre cos erros e nervos do directo.

Todo, da man dos/as compañeiros/as de 5º de primaria… esperamos que gocedes destes telexornais. Vos deixamos cun vídeo resumo de varios telexornais e outro dun telexornal completo dun dos grupos de 5º.

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

O pasado mércores 16 os/as alumnos/as de Infantil e de Primaria celebraron o Día das Letras Galegas e a festa dos maios cunha pequena celebración no teatro do noso cole.

Pasamos un rato moi divertido no que os/as rapaces/as de 6º recitaron o poema E haberá tirón de orellas? de Mª Victoria Moreno, homenaxeada das Letras Galegas deste ano; os/as nenos/as de 5º recitaron as coplas dos maios do noso cole; e, os/as de 4º fixéronlle unha entrevista a mismísima Mª Victoria Moreno!

A continuación vos deixamos unhas fotos con algúns momentos da nosa celebración e tamén as coplas dos nosos maios.

Recibamos este maio

con moita ledicia

verde, branco, amarelo,…

ven cheo de margaridas!

Este ano o noso lema

foi alén das aulas

saímos todos ás rúas

invadimos Pontevedra.

Os proxectos de infantil

fóronche moi riquiños

haiche moita ilusión

xa naceron os poliños.

Este ano, no entroido

chegaron os superheróes

Superwoman, Superman

e tamén o Batman.

No noso colexio

se te queres animar

ós exames de Cambridge

pódeste apuntar.

O Sagrado Máis

tivo moita animación

houbo charlas, mercadillo,

un concerto e cancións.

Fixeron as comunións

os rapaces e rapazas

o teatro estaba cheo

de traxes e garabatas!

Este ano ó colexio

viñeron moitos famosos:

César Bona, Xabier Fortes,

e tamén Ana Pastor.

O equipo de biblioteca

fixo un gran traballo

cantos libros ordenaron

lles damos un gran aprauso.

Agora xa temos a horta,

xa non falta de nada

prantaremos as leitugas,

margaridas e patacas.

Esta é a derradeira

xa toca a despedida

voltaremos o ano próximo

con outra cantiga!

 

Salón do libro

Os alumnos e as alumnas de Segundo de Primaria do Sagrado, a partires da segunda avaliación, comezaron a traballar na súa aportación ao Salón do Libro de Pontevedra.

O Salón do Libro é unha importante proposta do Concello de Pontevedra para fomentar a lectura entre os mozos e mozas da zona. Dende o Salón, non so se crea un fantástico espazo de animación á lectura ou se ofrecen diferentes propostas culturais, se non que tamén son os centros escolares os que se implican e participan creando parte de ese espazo.

Este ano, o tema do Salón é “Mulleres de Conto”. Neste caso, os alumnos de 2º traballaron da man de alumnos de 4º da ESO en diferentes sesións semanais a modo de actividade de aprendizaxe e servizo. A idea foi que os alumnos maiores elixiran diferentes contos nos que houbese unha protagonista feminina, e cada un deles lle contaría o conto a un grupo de seis ou sete alumnos de Segundo. Eles mesmos foron os que elixiron o que sería o produto final, unha gran árbore feita en base a eses contos. Para a posta en práctica desta actividade non só tiveron que pensar nunha boa idea, se non que tamén fixeron o deseño da árbore con cada un dos seus elementos, e ademais planificaron as diferentes sesións para levalo a cabo cos nenos, tendo en conta a súa idade e actuando de mestres-guía dende o comezo ata o final da actividade.

Despois da primeira sesión na que se lera o conto, e feita unha reflexión conxunta dos alumnos cos seus axudantes, na seguinte sesión escolléronse as palabras que lles pareceron máis relevantes da historia.

No momento que se tiñan claras as palabras coas que querían traballar, iniciouse o traballo plástico nas dúas seguintes sesións no aula de plástica dos maiores. O traballo consistía en forrar unhas botellas de auga con cola branca e cachiños de papel de periódico, coma se fosen ramas dunha gran árbore. Na seguinte sesión completouse o traballo, recortando as follas que se pegarían en arames suxeitos ás ramas da árbore, gravando nelas as palabras que querían destacar dos contos traballados.

O resultado foi unha gran árbore froito do traballo de máis de cen alumnos en total, co que se quere ser parte desa magnífica homenaxe que fai este ano o Salón do Libro ás Mulleres de Conto que non lles vale con ser simples adornos en historias doutros, se non que son protagonistas das súas propias historias, e sobre todo, un gran exemplo para todos as e nenas do mundo.

Alén do espazo

Na segunda avaliación os nenos e nenas de 2º de Primaria traballamos sobre o espazo. Dende o principio pareceunos un tema moi chulo, no que poderíamos aprender moitas cousas, como cómo viven os astronautas, que hai máis aló do noso Sistema Solar ou descubrir máis sobre preguntas todavía non resoltas, como que son realmente os buratos negros, ou se existe de verdade a vida extraterrestre.

Todo comezou cando un día atopamos as portas da clase decoradas con diferentes planetas e cos nosos nomes e fotos incluidos nelas como estrelas, astronautas ou naves espaciais. Ese mesmo día fixemos a tarefa “que sei, que quero saber” na que puxéramos en común todo o que sabiamos e o que queriamos descubrir sobre todo aquilo o que está máis alá do noso planeta.

Despois trouxemos cada un algo de información sobre eses temas, mentres iamos traballando en clase o tema do espazo dende as diferentes materias, como operacións matemáticas con estrelas, atopar tipos de palabras en textos relacionados con universo, manualidades para exemplificar o movemento da Lúa, da Terra e dos Sol, ou as nosas propias escafandras de astronauta.

Tivemos a colaboración de dous familiares que viñéronnos falar sobre “As matemáticas e os inventos no espazo”. Foron unhas exposicións moi interesantes de dous auténticos expertos no tema, que nos trouxeron material e imáxenes que nunca víramos antes.

Tamén nós pudimos ir ó observatorio astronómico de Forcarei e descubrir como dende alí vixían os diferentes planetas, estrelas ou constelacións, cun telescopio súperpotente.

Este proxecto axudounos a descubrir moitas cousas que non sabíamos do espazo, e quen sabe se no futuro algún de nós poderá ir nunha nave a comprobalas por si mesmo. Ganas non nos faltaron!

We’ve read!

Los niños y las niñas de 6° quieren compartir con vosotros/as algunas de sus recomendaciones lectoras.

Esperemos que os gusten.

« Entradas anteriores

© 2020 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑