O pasado mércores 16 os/as alumnos/as de Infantil e de Primaria celebraron o Día das Letras Galegas e a festa dos maios cunha pequena celebración no teatro do noso cole.

Pasamos un rato moi divertido no que os/as rapaces/as de 6º recitaron o poema E haberá tirón de orellas? de Mª Victoria Moreno, homenaxeada das Letras Galegas deste ano; os/as nenos/as de 5º recitaron as coplas dos maios do noso cole; e, os/as de 4º fixéronlle unha entrevista a mismísima Mª Victoria Moreno!

A continuación vos deixamos unhas fotos con algúns momentos da nosa celebración e tamén as coplas dos nosos maios.

Recibamos este maio

con moita ledicia

verde, branco, amarelo,…

ven cheo de margaridas!

Este ano o noso lema

foi alén das aulas

saímos todos ás rúas

invadimos Pontevedra.

Os proxectos de infantil

fóronche moi riquiños

haiche moita ilusión

xa naceron os poliños.

Este ano, no entroido

chegaron os superheróes

Superwoman, Superman

e tamén o Batman.

No noso colexio

se te queres animar

ós exames de Cambridge

pódeste apuntar.

O Sagrado Máis

tivo moita animación

houbo charlas, mercadillo,

un concerto e cancións.

Fixeron as comunións

os rapaces e rapazas

o teatro estaba cheo

de traxes e garabatas!

Este ano ó colexio

viñeron moitos famosos:

César Bona, Xabier Fortes,

e tamén Ana Pastor.

O equipo de biblioteca

fixo un gran traballo

cantos libros ordenaron

lles damos un gran aprauso.

Agora xa temos a horta,

xa non falta de nada

prantaremos as leitugas,

margaridas e patacas.

Esta é a derradeira

xa toca a despedida

voltaremos o ano próximo

con outra cantiga!