Mes: mayo 2018

Quinto por Europa

Dende os estudos do Sagrado Corazón traemos moitas novas sobre a situación Europea. Tras una exhaustiva busca de información e novas a nivel internacional e nacional, a creación de guións e moitos ensaios; estes xornalistas resumen o panorama político e social dunha forma moi divertida. Eso sí, sempre cos erros e nervos do directo.

Todo, da man dos/as compañeiros/as de 5º de primaria… esperamos que gocedes destes telexornais. Vos deixamos cun vídeo resumo de varios telexornais e outro dun telexornal completo dun dos grupos de 5º.

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

O pasado mércores 16 os/as alumnos/as de Infantil e de Primaria celebraron o Día das Letras Galegas e a festa dos maios cunha pequena celebración no teatro do noso cole.

Pasamos un rato moi divertido no que os/as rapaces/as de 6º recitaron o poema E haberá tirón de orellas? de Mª Victoria Moreno, homenaxeada das Letras Galegas deste ano; os/as nenos/as de 5º recitaron as coplas dos maios do noso cole; e, os/as de 4º fixéronlle unha entrevista a mismísima Mª Victoria Moreno!

A continuación vos deixamos unhas fotos con algúns momentos da nosa celebración e tamén as coplas dos nosos maios.

Recibamos este maio

con moita ledicia

verde, branco, amarelo,…

ven cheo de margaridas!

Este ano o noso lema

foi alén das aulas

saímos todos ás rúas

invadimos Pontevedra.

Os proxectos de infantil

fóronche moi riquiños

haiche moita ilusión

xa naceron os poliños.

Este ano, no entroido

chegaron os superheróes

Superwoman, Superman

e tamén o Batman.

No noso colexio

se te queres animar

ós exames de Cambridge

pódeste apuntar.

O Sagrado Máis

tivo moita animación

houbo charlas, mercadillo,

un concerto e cancións.

Fixeron as comunións

os rapaces e rapazas

o teatro estaba cheo

de traxes e garabatas!

Este ano ó colexio

viñeron moitos famosos:

César Bona, Xabier Fortes,

e tamén Ana Pastor.

O equipo de biblioteca

fixo un gran traballo

cantos libros ordenaron

lles damos un gran aprauso.

Agora xa temos a horta,

xa non falta de nada

prantaremos as leitugas,

margaridas e patacas.

Esta é a derradeira

xa toca a despedida

voltaremos o ano próximo

con outra cantiga!

 

Salón do libro

Os alumnos e as alumnas de Segundo de Primaria do Sagrado, a partires da segunda avaliación, comezaron a traballar na súa aportación ao Salón do Libro de Pontevedra.

O Salón do Libro é unha importante proposta do Concello de Pontevedra para fomentar a lectura entre os mozos e mozas da zona. Dende o Salón, non so se crea un fantástico espazo de animación á lectura ou se ofrecen diferentes propostas culturais, se non que tamén son os centros escolares os que se implican e participan creando parte de ese espazo.

Este ano, o tema do Salón é “Mulleres de Conto”. Neste caso, os alumnos de 2º traballaron da man de alumnos de 4º da ESO en diferentes sesións semanais a modo de actividade de aprendizaxe e servizo. A idea foi que os alumnos maiores elixiran diferentes contos nos que houbese unha protagonista feminina, e cada un deles lle contaría o conto a un grupo de seis ou sete alumnos de Segundo. Eles mesmos foron os que elixiron o que sería o produto final, unha gran árbore feita en base a eses contos. Para a posta en práctica desta actividade non só tiveron que pensar nunha boa idea, se non que tamén fixeron o deseño da árbore con cada un dos seus elementos, e ademais planificaron as diferentes sesións para levalo a cabo cos nenos, tendo en conta a súa idade e actuando de mestres-guía dende o comezo ata o final da actividade.

Despois da primeira sesión na que se lera o conto, e feita unha reflexión conxunta dos alumnos cos seus axudantes, na seguinte sesión escolléronse as palabras que lles pareceron máis relevantes da historia.

No momento que se tiñan claras as palabras coas que querían traballar, iniciouse o traballo plástico nas dúas seguintes sesións no aula de plástica dos maiores. O traballo consistía en forrar unhas botellas de auga con cola branca e cachiños de papel de periódico, coma se fosen ramas dunha gran árbore. Na seguinte sesión completouse o traballo, recortando as follas que se pegarían en arames suxeitos ás ramas da árbore, gravando nelas as palabras que querían destacar dos contos traballados.

O resultado foi unha gran árbore froito do traballo de máis de cen alumnos en total, co que se quere ser parte desa magnífica homenaxe que fai este ano o Salón do Libro ás Mulleres de Conto que non lles vale con ser simples adornos en historias doutros, se non que son protagonistas das súas propias historias, e sobre todo, un gran exemplo para todos as e nenas do mundo.

© 2020 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑