Etiqueta: Sexto (Página 1 de 5)

Coñecemos as nosas illas!

Ocúrresevos unha forma mellor de rematar o curso que facendo unha excursión? A nós non! Polo que, despois dun curso tan especial coma este, o alumnado de 4º e de 6º gozaron dunhas magníficas xornadas nas que tivemos tempo para todo: xogos, momentos de aprendizaxe, descanso, baños, paseo en barco,…

O alumnado de 4º visitou a Illa de Cortegada e o de 6º a Illa de Sálvora, ambas englobadas dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. É que temos a sorte de vivir a un tiro de pedra de dúas marabillas da natureza.

Queredes ver unha pequena mostra das nosas excursións? Adiante!

Fin dunha etapa…

O alumnado de 6º remata a súa aventura en Primaria e quen lle ía dicir a eles/as que serían os primeiros/as da nosa historia en rematala cun terceiro trimestre totalmente online.

Pero, aínda que nos últimos meses vivimos moitos cambios e novidades na nosa forma de traballar, non queríamos desaproveitar a ocasión para despedirnos deles como ben se merecen, cun vídeo cos mellores desexos para a nova etapa e recordando o seu paso por esta etapa.

Vémonos polos corredores!

¡Nos volvemos locos/as!

¡Hola a todos/as! Este año, los/as mayores de primaria, nos hemos vuelto locos/as, pero sólo un poco.  

Nos hemos propuesto decorar el cole y todas sus celebraciones. 

Este vídeo es una pequeña muestra de todo lo que trabajamos en Arts and Crafts, y en concreto esto fue con motivo de la celebración del Domund.  

Lana, madera y clavos, para decorar no solo una celebración, sino para dejar huella en distintos rincones del cole, que nos recuerda que debemos ser   TODO CORAZÓN. 

Sube e baixa…o relevo de España!

O alumnado de 6º de Primaria levamos a cabo este trimestre un proxecto sobre o relevo, a hidrografía e as zonas costeiras de España.

Durante as primeiras sesións traballamos os coñecementos previos que necesitábamos para levar a cabo a tarefa proposta; despois, en grupos, elaboramos a maqueta do relevo e dos ríos de España e, por último, avaliamos o traballo en grupo dos nosos/as compañeiros/as mediante unha diana de avaliación. Ademais, todos os días durante os cinco últimos minutos de cada sesión redactábamos o noso diario de aprendizaxe, onde imos recollendo o traballado cada día, as dificultades coas que nos atopamos, as nosas propostas de mellora,…é dicir, é unha forma de reflexionar sobre o noso traballo!

A continuación vos deixamos un vídeo onde podedes ver unha pequena parte do traballado na clase, esperamos que vos guste!

ZUMBEANDO PALABRAS!

Desta vez os rapaces e rapazas de 6ºC de primaria presentámovos a nosa experiencia en Pontenciencia.

Unha Feira de Ciencia na que con moita ilusión, os tres sextos decidimos participar.

Neste caso, a nosa clase, presentouse cunha investigación sobre a atención do alumnado no colexio. Partimos da dúbida de se atendiamos e traballabamos mellor despois de facer baile ou de facer meditación.

Esta dúbida levounos a seguinte hipótese; A zumba mellora a nosa atención sostida!

Despois disto, só tivemos que experimentar e probar que estabamos no certo.

Finalmente, a hipótese foi errónea, e descubrimos que facer meditación nada máis chegar ao cole, mellora a nosa atención sostida.

Indudablemente, unha experiencia maravillosa que podedes ver neste pequeño vídeo.

« Entradas anteriores

© 2021 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑