Ocúrresevos unha forma mellor de rematar o curso que facendo unha excursión? A nós non! Polo que, despois dun curso tan especial coma este, o alumnado de 4º e de 6º gozaron dunhas magníficas xornadas nas que tivemos tempo para todo: xogos, momentos de aprendizaxe, descanso, baños, paseo en barco,…

O alumnado de 4º visitou a Illa de Cortegada e o de 6º a Illa de Sálvora, ambas englobadas dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. É que temos a sorte de vivir a un tiro de pedra de dúas marabillas da natureza.

Queredes ver unha pequena mostra das nosas excursións? Adiante!