Página 6 de 16

Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer

Hoy los/as alumnos/as de Primaria han conmemorado el Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer. Para ello han levantado sus manos para poner fin a todas las causas en las que se discrimina a la mujer, por todas aquellas mujeres que sufren las palizas de sus parejas, por todas las niñas que no pueden seguir estudiando para ayudar en sus casas,… 

Os dejamos algunas fotos del acto que hemos celebrado.

Magosto

A pesar da choiva e do vento…nada foi capaz de quitarnos as ganas de festa e a semana pasada celebramos o Magosto do cole!

Os nenos e as nenas de sexto prepararon unha canción, entregamos os premios do Concurso de calacús de Samaín e, o máis importante, dende os pequenos de infantil ata os maiores de primaria desfrutamos comendo as castañas asadas,…e que boas estabas!

Mariscador@s por un día!

A semana pasada, os alumnos de sexto de primaria puidemos disfrutar dun día ao aire libre. A ocasión, merecía a mellor das nosas vestimentas e decidimos calzarnos as nosas catiuscas e traballar arreo. 

A mañá pasou moi deprisa, pero sen dúbida aprendimos moitas cousas; todas as ferramentas usadas, os distintos tipos de ameixas, cándo pódese mariscar e cándo non, as mellores tempadas… En fin, moitas cousas aprendidas pero sobretodo, moitas vivenzas para recordar sempre. 

Moitas grazas aos traballadores e traballadoras da Cofradía San Telmo por tratarnos tan ben. Voltaremos!

Unha mañá entre heroes

O venres 19 de outubro os alumnos de 3º de Primaria tiveron o pracer de pasar a mañá na Base Aérea de Protección contra incendios.

Xusto pasara un ano dende a catástrofe que sufriran os nosos montes e con referencia o noso lema CUIDALO non pensamos mellor maneira que ir coñecer a quenes deixaron a suas enerxías , ata quedarse folgos por salvar vidas das nosas persoas, animais e bosques.

Na base amosaronnos como traballaban e de que medios dispoñían e nos relataron como era o seu traballo no medio do lume e a importancia de saber xestionar as suas emocións en momentos de medo extremo ou tristura ao ver devastadas as nosas terras.

A experiencia foi estupenda xa que a calidade humana que teñen estes bombeiros fanos especiais en todo e así nos fixeron sentir, xa que con paciencia infinita atenderon as ganas de subir ao helicóptero e usar a mangueira. Pero unha das cousas mais importantes que fixeron foi concienciarnos de que ao mundo hai que COIDALO, protexelo e evitar que volvan ocurrir traxedias coma as do 2017.

Grazas polo voso traballo. Sodes uns heroes!!

« Entradas anteriores Entradas siguientes »

© 2020 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑