Autor: PRIMARIASAGRADO

ZUMBEANDO PALABRAS!

Desta vez os rapaces e rapazas de 6ºC de primaria presentámovos a nosa experiencia en Pontenciencia.

Unha Feira de Ciencia na que con moita ilusión, os tres sextos decidimos participar.

Neste caso, a nosa clase, presentouse cunha investigación sobre a atención do alumnado no colexio. Partimos da dúbida de se atendiamos e traballabamos mellor despois de facer baile ou de facer meditación.

Esta dúbida levounos a seguinte hipótese; A zumba mellora a nosa atención sostida!

Despois disto, só tivemos que experimentar e probar que estabamos no certo.

Finalmente, a hipótese foi errónea, e descubrimos que facer meditación nada máis chegar ao cole, mellora a nosa atención sostida.

Indudablemente, unha experiencia maravillosa que podedes ver neste pequeño vídeo.

Proxecto Hábitos Saudables

Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria levaron a cabo un proxecto para traballar os hábitos saudables que debemos ter en conta para mellorar a nosa calidade de vida.

Buscaron e seleccionaron a información dos distintos hábitos (alimentación, descanso, exercicio físico, hixiene persoal, control postural, relacións sociáis e malos hábitos a evitar).

Anotaron nunha táboa os seus hábitos durante un día e logo plantexaron que podían mellorar, fixeron unha enquisa para valorar os seus hábitos posturáis e explicaron o que debemos e nos debemos facer diante dos seus compañeiros e compañeiras.

Os deixamos un pequeno vídeo para que vexades o traballo final! 

Campo a Través Xogade

En el pasado mes de noviembre los alumnos de 5º y 6º de Primaria participaron en el Campo a Través del plan Xogade. En esta carrera los/as alumnos/as compitieron contra otros colegios de la ciudad de Pontevedra. Fue una experiencia maravillosa en la que los/as niños/as disfrutaron de un día de deporte y diversión fuera del colegio. 

SERÁ MARABILLOSO VIAXAR POR TODA ESPAÑA

Que pasaría se quixeramos viaxar por España en bicicleta ou en barca? En sexto de primaria comezamos unha viaxe polo noso país coñecendo as diferentes rutas. 

Coas rutas e formas do relevo español claras, creamos uns mapas 3D cos que puidemos xogar a trazar distintas rutas en barco, bici, ou avión.

Unicorns everywhere!

In 6th grade we’re studying different mythological creatures, we have learnt something about ‘unicorns, harpies, mermaids, griffins and sirens…’ so we could review the vocabulary of this unit.

Unha mañá entre heroes

O venres 19 de outubro os alumnos de 3º de Primaria tiveron o pracer de pasar a mañá na Base Aérea de Protección contra incendios.

Xusto pasara un ano dende a catástrofe que sufriran os nosos montes e con referencia o noso lema CUIDALO non pensamos mellor maneira que ir coñecer a quenes deixaron a suas enerxías , ata quedarse folgos por salvar vidas das nosas persoas, animais e bosques.

Na base amosaronnos como traballaban e de que medios dispoñían e nos relataron como era o seu traballo no medio do lume e a importancia de saber xestionar as suas emocións en momentos de medo extremo ou tristura ao ver devastadas as nosas terras.

A experiencia foi estupenda xa que a calidade humana que teñen estes bombeiros fanos especiais en todo e así nos fixeron sentir, xa que con paciencia infinita atenderon as ganas de subir ao helicóptero e usar a mangueira. Pero unha das cousas mais importantes que fixeron foi concienciarnos de que ao mundo hai que COIDALO, protexelo e evitar que volvan ocurrir traxedias coma as do 2017.

Grazas polo voso traballo. Sodes uns heroes!!

© 2019 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑