Durante a segunda avaliación os/as alumnos/as de 3º de primaria emprenderon o proxeto basado nos dereitos humanos co título “Na diferencia está a nosa riqueza”.
A idea e obxectivo principal foi dar a coñecer a orixen do manifesto, a razón de por que se levou a cabo dito manifesto e facerlles valorar a importancia de que todo ser vivo debe ter cubertas a súas necesidades básicas e se cumplan os seus dereitos, así como que sexan capaces de agradecer que na súa vida todo o traballado se cumpre.
Comenzamos traballando na semana da Paz , xa que cadraba no tempo co festexo do Día da Paz e crearon o corredor da Paz. Despois de reflexionar sobre a importancia que ten a palabra e o importante que é que todos contibuiamos a fomentala en cada momento da nosa vida.
O corredor reflexa as creacións artísticas dos/as nenos/as nas portas mostrando a obra de diferentes artistas actuais e no teito coas súas oracións o vento amosan un traballo reflexivo sobre que é orar e como podemos orar pola paz.
A seguinte fase do proxeto foi chegar a conclusión de que os DDHH son necesarios para que se cumpran as necesidades básicas das persoas, quen son as persoas que se encargan do cumprimento dos mesmos e quenes loitan polos seu cumplimento. Coñecendo a figura e labor de Eleanor Roosvelt pero nela non se para o movemento senón que está nas nosas mans favorecer o cumpriemto dos DDHH.
Tras rematar o proxecto sentímonos agradecidos pola sorte que temos do lugar onde vivimos, agradecidos porque sabemos que queremos facer coas nosas mans o día de mañá e onde podemos usar os nosos potenciais personais para favorecer o cumprimento dos DDHH.