Os nenos e as nenas de 5º de Primaria estivemos a traballar a función de relación que consta de varios pasos: primeiro, recepción dun estímulo ou sensación a través dos órganos dos sentidos;despois, o sistema nervioso encárgase de enviar esa información ó cerebro onde se analiza e se elabora unha resposta; e, por último, o aparato locomotor (formado polos ósos e os músculos) efectúa as ordes que lle chegan do cerebro.

Profundizando no aparato locomotor, coñecimos o nome dos ósos do noso corpo e a súa localización e fixemos un xogo para intentar identificalos en radiografías.

 

Ademais, tamén realizamos un rap co nome dos ósos e dos músculos.

Para ser a primeira vez que o fixemos, non nos quedou tan mal, non? Esperamos que vos guste!