O venres 19 de outubro os alumnos de 3º de Primaria tiveron o pracer de pasar a mañá na Base Aérea de Protección contra incendios.

Xusto pasara un ano dende a catástrofe que sufriran os nosos montes e con referencia o noso lema CUIDALO non pensamos mellor maneira que ir coñecer a quenes deixaron a suas enerxías , ata quedarse folgos por salvar vidas das nosas persoas, animais e bosques.

Na base amosaronnos como traballaban e de que medios dispoñían e nos relataron como era o seu traballo no medio do lume e a importancia de saber xestionar as suas emocións en momentos de medo extremo ou tristura ao ver devastadas as nosas terras.

A experiencia foi estupenda xa que a calidade humana que teñen estes bombeiros fanos especiais en todo e así nos fixeron sentir, xa que con paciencia infinita atenderon as ganas de subir ao helicóptero e usar a mangueira. Pero unha das cousas mais importantes que fixeron foi concienciarnos de que ao mundo hai que COIDALO, protexelo e evitar que volvan ocurrir traxedias coma as do 2017.

Grazas polo voso traballo. Sodes uns heroes!!