Mes: abril 2018

Alén do espazo

Na segunda avaliación os nenos e nenas de 2º de Primaria traballamos sobre o espazo. Dende o principio pareceunos un tema moi chulo, no que poderíamos aprender moitas cousas, como cómo viven os astronautas, que hai máis aló do noso Sistema Solar ou descubrir máis sobre preguntas todavía non resoltas, como que son realmente os buratos negros, ou se existe de verdade a vida extraterrestre.

Todo comezou cando un día atopamos as portas da clase decoradas con diferentes planetas e cos nosos nomes e fotos incluidos nelas como estrelas, astronautas ou naves espaciais. Ese mesmo día fixemos a tarefa “que sei, que quero saber” na que puxéramos en común todo o que sabiamos e o que queriamos descubrir sobre todo aquilo o que está máis alá do noso planeta.

Despois trouxemos cada un algo de información sobre eses temas, mentres iamos traballando en clase o tema do espazo dende as diferentes materias, como operacións matemáticas con estrelas, atopar tipos de palabras en textos relacionados con universo, manualidades para exemplificar o movemento da Lúa, da Terra e dos Sol, ou as nosas propias escafandras de astronauta.

Tivemos a colaboración de dous familiares que viñéronnos falar sobre “As matemáticas e os inventos no espazo”. Foron unhas exposicións moi interesantes de dous auténticos expertos no tema, que nos trouxeron material e imáxenes que nunca víramos antes.

Tamén nós pudimos ir ó observatorio astronómico de Forcarei e descubrir como dende alí vixían os diferentes planetas, estrelas ou constelacións, cun telescopio súperpotente.

Este proxecto axudounos a descubrir moitas cousas que non sabíamos do espazo, e quen sabe se no futuro algún de nós poderá ir nunha nave a comprobalas por si mesmo. Ganas non nos faltaron!

We’ve read!

Los niños y las niñas de 6° quieren compartir con vosotros/as algunas de sus recomendaciones lectoras.

Esperemos que os gusten.

ASÍ SON AS COUSAS E ASÍ AS CONTAMOS!

Neste trimestre pasado, os alumnos de 5º de primaria traballamos cun proxecto chamado 5º por Europa. Como en todos os proxectos, descubrimos moitísimas da materia pero tamén de nós mesmos. O noso produto final foi un telexornal e para ir abrindo boca deixámovos cun behind the scenes dalgúns momentos divertidos vividos na aula.

Moi pronto algún telexornal. Esperamos que o pasedes ben!

Prehistoria

Os/as alumnos/as da ESO  acercáronse ás nosas aulas de 4º de Primaria para falarnos sobre a Prehistoria. Ó finalizar fixémoslles varias preguntas. Aprendimos moito e foi unha bonita experiencia!

© 2020 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑