A última semana do mes de maio, os nenos e nenas de terceiro a tiñamos marcada no calendario dende hai tempo. Coa chegada da calor e o bo tempo, fomos pasar o día ó camping de Fieitás, en San Vicente.
Alí fixemos un montón de actividades na natureza. Estivemos no monte, onde aprendimos sobre as árbores típicas da zona, e despois fixemos cabañas por grupos. Cando chegou a hora de xantar volvimos para o camping, comimos e disfrutamos dun rato de descanso con xogos ó aire libre, ata que chegou a hora de ir a praia. Unha vez alí fixemos xogos en grupo, bañámonos e xogamos coas táboas de paddle surf.
Foi un día inesquecible, xa que era a primeira excursión que faciamos despois de tanto tempo. Esperemos que non teñamos que esperar tanto para a seguinte.
Deixámosvos un vídeo resumo do día dos tres terceiros.