O pasado trimestre traballamos e aprendimos un montón de cousas sobre os seres vivos.
Comezamos repoboando o planeta cos animais e plantas máis curiosos e…fixemos un gran traballo!
Para acabar quixemos investigar algo máis sobre as plantas e, para iso, contamos cuns mestre excepcionais que nos aclararon as nosas dúbidas sobre estes marabillosos seres vivos: por que as follas daas árbores son verdes? Que é a fotosíntese? Como podo saber a idade dunha árbore sen talala?
O avó e a avoa de Ana (1ºC), investigadores de sona mundial, aclaráronnos moitas cousas e pasamos un tempo estupendo con eles escoitando curiosidades sobre as árbores.
Como xa sabíamos moito sobre as plantas, queriamos pór o noso coñecemento en práctica visitando os Xardíns de Lourizán, pero antes, a familia de Pablo e Lucía (1ºA) viñeron a clase cargados de follas, cortizas, ramas e flores para ensinarnos a recoñecer e familiarizarnos coas plantas do noso entorno e outras que iamos atopar nos xardíns.
Nos xardíns convertímonos en auténticos exploradores e fixemos un verdadeiro traballo de campo con mostras, datos, nomes científicos…e pasámolo fenomenal!
Ademais, ensináronnos a plantar e fixemos unha sementeira espectacular: albahaca, pementos, cebolas… agora as nosas clases tamén teñen un pedaciño de horta e xardín e nós coidamos as nosas plantas con gran agarimo.