Etiqueta: Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Podcast Recomendacións lectoras

O alumnado de 4º de Primaria non quixo deixar pasar a ocasión de participar na XXII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Para isto, elaboraron uns Podcasts nos que fan recomendacións lectoras, baseándose na súa experiencia, ao alumnado de 2º de Primaria.

Mortiña, Rasi, o Pirata Pata de Lata, Policán, Gerónimo Stilton,…son só algúns dos protagonistas das lecturas que nos recomendan estes súper lectores!

Podedes escoitalos a continuación!

TROCALIBROS. FEIRA DO LIBRO USADO

Informamos que o vindeiro domingo, 28 de xuño, celebrarase nas PALMEIRAS de Pontevedra a feira de Troca Libros na que o Colexio vai participar.

O horario será de 11:00 a 13:00 horas da mañán.

As familias que aportastes algún libro e ainda non recibistes os vales, podedes retiralos pedíndollos a calquera das profesoras que estarán na zona reservada para o noso cole.

Anímadevos a participar e achegádevos ata a feira.

Salón do libro

Os alumnos e as alumnas de Segundo de Primaria do Sagrado, a partires da segunda avaliación, comezaron a traballar na súa aportación ao Salón do Libro de Pontevedra.

O Salón do Libro é unha importante proposta do Concello de Pontevedra para fomentar a lectura entre os mozos e mozas da zona. Dende o Salón, non so se crea un fantástico espazo de animación á lectura ou se ofrecen diferentes propostas culturais, se non que tamén son os centros escolares os que se implican e participan creando parte de ese espazo.

Este ano, o tema do Salón é “Mulleres de Conto”. Neste caso, os alumnos de 2º traballaron da man de alumnos de 4º da ESO en diferentes sesións semanais a modo de actividade de aprendizaxe e servizo. A idea foi que os alumnos maiores elixiran diferentes contos nos que houbese unha protagonista feminina, e cada un deles lle contaría o conto a un grupo de seis ou sete alumnos de Segundo. Eles mesmos foron os que elixiron o que sería o produto final, unha gran árbore feita en base a eses contos. Para a posta en práctica desta actividade non só tiveron que pensar nunha boa idea, se non que tamén fixeron o deseño da árbore con cada un dos seus elementos, e ademais planificaron as diferentes sesións para levalo a cabo cos nenos, tendo en conta a súa idade e actuando de mestres-guía dende o comezo ata o final da actividade.

Despois da primeira sesión na que se lera o conto, e feita unha reflexión conxunta dos alumnos cos seus axudantes, na seguinte sesión escolléronse as palabras que lles pareceron máis relevantes da historia.

No momento que se tiñan claras as palabras coas que querían traballar, iniciouse o traballo plástico nas dúas seguintes sesións no aula de plástica dos maiores. O traballo consistía en forrar unhas botellas de auga con cola branca e cachiños de papel de periódico, coma se fosen ramas dunha gran árbore. Na seguinte sesión completouse o traballo, recortando as follas que se pegarían en arames suxeitos ás ramas da árbore, gravando nelas as palabras que querían destacar dos contos traballados.

O resultado foi unha gran árbore froito do traballo de máis de cen alumnos en total, co que se quere ser parte desa magnífica homenaxe que fai este ano o Salón do Libro ás Mulleres de Conto que non lles vale con ser simples adornos en historias doutros, se non que son protagonistas das súas propias historias, e sobre todo, un gran exemplo para todos as e nenas do mundo.

Salón do Libro

Os  alumnos/as de 2º de Primaria participamos no XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cunha creación colectiva. A proposta do traballo consistiu na elaboración dun campo de flores deseñadas para eles por alumnos de 4º da ESO con materiais reciclados, na que se reflexa o aprendido na clase sobre o medio ambiente. Con esta colaboración (Primaria/ESO) xenéranse no centro novas dinámicas, novos lazos, experiencias e relacións entre alumnos/as de diferentes cursos e niveis.

© 2021 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑