Os/as alumnos/as de primeiro de primaria abordaron o estudo do corpo humano vendo as partes externas que o forman, así como os trazos físicos que os distinguen. 

Para amosar  o aprendido non viron mellor maneira que representar a súa figura e  o aprendido nun corpo tamaño real. 

A actividade resultou moi motivadora non só polo feito de ser o seu corpo, senón porque tiñan que facelo en grupo, apoiándose  no que aprendera cada un . 

Así se escoitaba por clase: “ Fas ti as partes do tronco?; Non te esquezas do embigo!; Puseches as cellas no seu sitio?; Lembra que Gagri ten cellas…” 

Ao finalizar a tarefa chegou a quenda de impartir a clase aos demais compañeiros para amosarlles o seu traballo e os seus coñecementos.