Os nenos e as nenas de 6º d Primaria participamos este ano en Pontenciencia para o que realizamos catro investigacións seguindo os pasos do método científico que son: observación, plantexamento de preguntas, formulación da nosa hipótese, experimentación, análise dos datos obtidos e, por último, sacar as nosas propias conclusións para ver se a nosa hipótese foi aceptada ou refutada.

As investigacións que levamos a cabo foron:

  • O murchamento das flores cortadas; na cal o noso onxectivo era investigar que tipo de produtos se lle poden engadir ás flores cortadas para que duren máis tempo vivas.
  • Queremos ser máis saudables; que consistiu nunha investigación que tiña por obxectivo comprobar se facendo deporte de forma regular e levando a cabo unha dieta equilibrada, o noso IMC baixa.
  • Froita sólida ou froita batida?; nesta investigación o que queriamos comprobar era se a inxesta de froita batida aumenta máis o nivel de glicosa en sangue que cando se realiza a inxesta da froita en estado sólido.
  • Quen é máis forte?; con esta investigación queriamos ver se era certo que os nenos son máis fortes cas nenas, levando a cabo diferentes probas de forza e analizando os datos.

Pasámolo moi ben durante a realización das nosas investigación e ademais aprendemos un montón de cousas! Pero, o que máis nos gustou foi poder disfrutar da Feira da Miniciencia onde puidemos presentar as nosas investigacións ante o xurado e os/as nenos/as doutros coles.

Ademais, tivemos a sorte de conseguir o 2º Premio “Maruja Mallo” na categoría de Ciencia no cole pola nosa investigación “Froita Batida ou froita sólida?”.