Etiqueta: Magosto

O Magosto no Sagrado

Este ano por fin puidemos volver a desfrutar da tradicional celebración do Magosto no Sagrado. Despois do parón do ano pasado, volvemos recuperar a ilusión e a maxia deste día con máis ganas, se cabe, que anos anteriores.

Foi unha celebración na que todo o cole puidemos reencontrarnos e puidemos volver a compartir espazos, ganas e ilusión. Creamos recordos que permanecerán na nosa memoria durante moito tempo, porque se de algo hai ganas sempre é de festa, risas e xogos.

E precisamente, iso foi o que tivemos onte no cole. Ao longo da semana, os diferentes cursos de Primaria e Infantil, intercambiamos agasallos feitos por nós mesmos: marca páxinas, debuxos, colgantes… cousas que fixemos e que gardaremos con moito cariño.

Para rematar a celebración, os nenos puideron vir disfrazados e comemos as tradicionais castañas feitas durante todo o día no cole. Tamén xogamos a xogos tradicionais como o xogo do pano, a soga, as agochadas, o brille, a mariquitilla e un sen fin de xogos máis que fixeron da nosa tarde algo inesquecible.

Viva o Magosto do Sagrado!

Magosto 2020

Este mércores celebramos o Magosto. Aínda que dun xeito diferente, sen poder estar todos xuntos, aproveitamos para festexar esta importante cita coas castañas.

Aprendimos sobre a orixe desta antiga celebración, comemos castañas, divertímonos con xogos populares e tamén tivemos tempo para cantar e bailar. Viva o Magosto!

Magosto

Tal e como di a nosa canción “ coma sempre no Sagrado fixemos a mellor festa”, a pesar que este ano o ceo non nos acompañou para poder disfrutar do noso magosto nas pistas do colexio. 

Profes, nenos , nenas e familias degustaron as castañas durante a tarde o ritmo de cancións populares. 

Os maiores de 5º e 6º compartiron contos e xogos cos pequenos de infantil , riron e comeron xuntos. 

Non faltaron castañeiros, castañeiras e rapaces co traxe rexional e ata se animaron a bailar  unha muiñeira. 

Grazas polos momentos compartidos nos que nos unimos e que nos fan valorar que as celebracións, se son en familia, son moito mellores. 

Magosto

A pesar da choiva e do vento…nada foi capaz de quitarnos as ganas de festa e a semana pasada celebramos o Magosto do cole!

Os nenos e as nenas de sexto prepararon unha canción, entregamos os premios do Concurso de calacús de Samaín e, o máis importante, dende os pequenos de infantil ata os maiores de primaria desfrutamos comendo as castañas asadas,…e que boas estabas!

O MAGOSTO DO SAGRADO É…

… unha festa moi especial no noso colexio!

Algúns nenos/as van disfrazados de castiñeiros/as para facer un desfile co tren das castañas ao redor das pistas e diante de todos os compañeiros.

Tamén os nenos/as de 5º e 6º van a buscar aos pequenos de infantil e baixan con eles da man e están con eles para axudarlles a comer as castañas.

Cando estamos todos xuntos sentámonos no chan, por clases, e escoitamos a canción que os de 5º prepararon. Todos cantamos porque a ensaiamos nas clases.

Ao acabar de cantar puxémonos en círculo e os profes repartíronnos as castañas. Cada un tiña un cestiño que fixemos na casa.

Despois de comer as castañas xogamos a  xogos populares que os profes tiñan preparados.

Ao finalizar houbo un home orquestra que amenizou o fin de festa cos pais e nenos que se quedaron no colexio a comer as castañas,..que boas estaban!

Pasámolo moi ben!

© 2021 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑