O alumnado de 6º de Primaria levamos a cabo este trimestre un proxecto sobre o relevo, a hidrografía e as zonas costeiras de España.

Durante as primeiras sesións traballamos os coñecementos previos que necesitábamos para levar a cabo a tarefa proposta; despois, en grupos, elaboramos a maqueta do relevo e dos ríos de España e, por último, avaliamos o traballo en grupo dos nosos/as compañeiros/as mediante unha diana de avaliación. Ademais, todos os días durante os cinco últimos minutos de cada sesión redactábamos o noso diario de aprendizaxe, onde imos recollendo o traballado cada día, as dificultades coas que nos atopamos, as nosas propostas de mellora,…é dicir, é unha forma de reflexionar sobre o noso traballo!

A continuación vos deixamos un vídeo onde podedes ver unha pequena parte do traballado na clase, esperamos que vos guste!