Na primeira avaliación os alumnos de Segundo de PrimariA do Sagrado tivemos o proxecto “Alén da Idade Media”. De primeiras, parecía un tema moi interesante, porque todos tiñamos moita curiosidade por saber, sobre todo, como se vivía nos castelos, como traballaban, que comían ou como era a vida dos señores dos castelos.

O primeiro día, o mestre recolleu todas as preguntas que nos ían saíndo. O principio eran normais, pero despois, as preguntas eran cada vez máis raras e interesantes. Como se comunicaban, como se lavaban, como se desprazaban , ata como ían ó cuarto de baño!

Pouco a pouco comezamos levando á clase traballos, información, murais, presentacións no ordenador ou incluso maquetas dun castelo, ou réplicas das armas que usaban!!

Cada compañeiro era mestre por un momento e ensinábanos o que preparara. Eu preparei coa axuda dos meus pais un mural das diferentes partes dun castelo, e as indicaba nun debuxo. Molou moito ensinarlle as partes do castelo a todos os compañeiros , e incluso ó mestre!!

Tivemos dúas excursións, que foron momentos moi divertidos. A primeira foi ó Castelo de Soutomaior, alí puidemos ver e percorrer por todas as partes que aprenderamos na clase: patio de armas, ponte levadiza, paseo de ronda… estaba
todo!! Pero a min, a parte que máis me gustou foron os calabozos. Sentímonos como Pedro Madruga camiñando polo seu Castelo na Idade Media. Tamén fomos ó Museo de Pontevedra. Alí un guía moi simpático ensinounos diferentes obras de arte da Idade Media que se atoparon cerca de Pontevedra. Comprobamos que case todas eran relixiosas e poñíanse nas igrexas. Servían para adornalas e para representar partes da vida de Xesús e outros santos.

Por último, o derradeiro día tivemos o acto de nomeamento de Cabaleiros e Cabaleiras do Sagrado Corazón. Durante os días anteriores fixemos os nosos propios escudos, espadas e traxes de cabaleiros e cabaleiras para que puidera ser un nomeamento real. Os mestres, que facían de señores feudais, fixeron isto para celebrar que remataramos o proxecto e aprendemos un montón sobre a vida na Idade Media e os Castelos.