Etiqueta: Biblioteca

Letras Galegas

Chegou maio e con el o mes das nosas letras, das Letras Galegas, adicadas este ano a Xela Arias, recoñecida poeta e tamén tradutora da nosa lingua e, como non, os/as nenos/as de Primaria quixeron afondar para coñecer a súa vida, a súa obra,…Porén fixemos numerosas actividades: lectura e recitais de poemas, pasatempos, libriños informativos, concursos nos niveis,… E, para rematar, o alumnado de 3º de Primaria cantou as coplas arredor do maio do Sagrado.

Podcast Recomendacións lectoras

O alumnado de 4º de Primaria non quixo deixar pasar a ocasión de participar na XXII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Para isto, elaboraron uns Podcasts nos que fan recomendacións lectoras, baseándose na súa experiencia, ao alumnado de 2º de Primaria.

Mortiña, Rasi, o Pirata Pata de Lata, Policán, Gerónimo Stilton,…son só algúns dos protagonistas das lecturas que nos recomendan estes súper lectores!

Podedes escoitalos a continuación!

© 2021 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑