Na segunda avaliación os alumnos e alumnas de 2º de primaria comezamos un proxecto sobre a Prehistoria, co obxectivo de coñecer esta etapa, a evolución dos homes e do seu estilo de vida.
Iniciamos o proxecto, buscando información na casa de maneira individual e aportando imaxes e fotografías, sobre a alimentación, as ferramentas, a cultura, a evolución, a vivenda e os animais da Prehistoria.
En varias sesións e por grupos cooperativos, organizamos o material aportado de casa, realizamos o traballo nunha cartolina e por último, o presentamos de maneira oral aos nosos compañeiros/as. Acompañamos estas explicacións con algúns vídeos.
Tamén fixemos varias actividades e manualidades, coma os trogloditas usando as nosas caras, con caixas de zapatos e dando forma a plastilina realizamos un dolmen e un menhir e na clase de Arts&Crafts, debuxamos pinturas rupestres e moldeamos arxila para facer recipientes.
Destacar a visita de Adrián, o pai de Nico de 2ºB, que é canteiro e nos ensinou como facían na Prehistoria para buscar, atopar e mover as pedras axeitadas, chamadas ortostatos, para construír con elas mámoas (lugares de enterramento), coma a Mámoa do Rei no lago de Castiñeiras.
Para rematar o proxecto, visitamos a Museo de Pontevedra, na que puidemos ver e tocar ferramentas, ouro e restos prehistóricos que se atoparon nos arredores da provincia de Pontevedra.
Aprendemos moito sobre a Prehistoria, agora estamos desexando comezar co seguinte proxecto. Sobre que tratará?
Deja una respuesta