Ó longo dos meses de novembro e decembro os alumnos e as alumnas de 5ºC traballamos en Ciencias Naturais o que eran os ecosistemas e os tipos de ecosistemas terrestres e acuáticos, e puidemos comprobar que cada ecosistema estaba afectado pola zona climática do planeta no que se atopaba e polo propio clima que tiña. E, como a súa vez, en Ciencias Sociais estabamos estudando as zonas climáticas do planeta e os diferentes tipos de clima que existen, afondamos un pouco máis nestes ámbitos realizando uns traballos sobre diferentes tipos de ecosistemas existentes en diferentes lugares do noso plantea e os climas que teñen.
Os ecosistemas que traballamos os eliximos do libro Iluminaturaleza de Rachel Williams, que gustounos moito, e foron os seguintes:
- O bosque de secuoias de California
- A taiga de Siberia Oriental
- Os mares de Weddell y Ross
- A chaira do Serengeti
- A selva do Congo
- O deserto de Simpson
Os traballos os realizamos en grupos e o primeiro paso que fixemos foi decidir que era o que queriamos saber e foi o seguinte: onde se atopaban estes ecosistemas, por que hábitats estaban formados, que clima era o que se daba neses ecosistemas e as súas características e os seres vivos (animais e vexetais) que viven neles.
Despois buscamos información na casa e na clase e de toda a que atopamos en Internet e nalgúns libros seleccionamos aquela que consideramos máis adecuada para o noso traballo.
Unha vez seleccionada a información elaboramos uns murais nos que plasmamos aquelo que era máis importante de cada ecosistema e, ademais, engadimos fotos e debuxos.
Por último, preparamos unha exposición oral sobre os nosos traballos para contarlle o resto dos nosos compañeiros/as o que aprenderamos sobre o ecosistema que traballamos.
Aquí vos deixamos unha mostra dos nosos traballos, esperamos que vos gusten!
Deja una respuesta