Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz sabendo que é algo que debemos ter presente e celebrar no noso día a día.

Dende o cole, unimos esta celebración ao noso lema obtendo como resultado “Contacto comigo”, o cal foi o fío condutor de todas as actividades realizadas ao longo desta semana.

En primeiro, a Paz estivo presente en todas as materias a través de cancións, oracións, bailes, sesións de interioridade, debuxos e de dous contos moi especiais: “Pirata Plin, Pirata Plan” e “La bruja enfadada”. Todas estas actividades axudaron aos máis peques de primaria a reflexionar sobre cales son as mellores formas de practicar a Paz todos os días.

En segundo, os rapaces e rapazas aprenderon por que o día da Paz celébrase hoxe (para conmemorar a morte de Gandhi) e en honor a quen se celebra. Todo isto foi traballado a través de diversas actividades, como murais, cadenas con palabras da paz… sen esquecerse de cantar, de bailar e de facer interioridade!

En terceiro, tamén estudaron a figura de Gandhi a través da súa historia e das súas accións. Ademais, leron o conto “Buscando la Paz” que axudou aos nenos e nenas a entender como representar “a paz perfecta”.

Para rematar, deixámosvos un vídeo para que podades ver algunhas das actividades que levamos a cabo estes días. Feliz día da Paz!