Un ano máis o entroido chegou ó Sagrado e, como non podía ser menos, o celebramos por todo o alto.
As semanas anteriores ó Entroido traballamos diferentes formas de celebralo, receitas típicas destas datas, traxes,..
Os alumnos/as de Primeiro de Primaria investigaron un montón e aprenderon sobre a súa orixe, que resulta que é romana xa que foron estos os que o trouxeron as nosas terras cando anexionaron os pobos galaicos alá polo 19 a.c. e fundaron Galicia
Os de Segundo e Terceiro dedicámonos a traballar as receitas típicas do Entroido como as flores, as filloas, as orellas,…e tamén o cocido! Que non todo ían ser doces!
Os nenos e as nenas de Cuarto de primaria profundizamos na historia do Loro Ravachol que era aquel animal de compañía do boticario Perfecto Feijoo que viviu na nosa cidade dende 1891 ata 1913. O loro Ravachol era un símbolo da cidade polo seu carisma e simpatía. Ademais tamén fixeron un mural para ter o noso propio Ravachol no cole!
Os de Quinto traballamos os diferentes traxes dos Entroidos máis característicos de Galicia como os Xenerais de Ulla, os Peliqueiros de Laza e os Cigarróns de Verín. E os rapaces e rapazas de Sexto investigaron sobre a historia e as celebracións do Entroido en ditos lugares.
Como cúspide o Entroido no cole, celebramos o gran desfile no que os rapaces e rapazas lucen os seus traxes e sacan a desfilar unha mona de peluche en honor á mona Tití que foi unha mona que chegou ó colexio no ano 1964 procedente de Guinea Ecuatorial e que residiu durante moitos anos no colexio convivindo cos nenos que por entonces estudaban aquí. A mona Tití era moi golosa e, de cando en vez, lle quitaba a merenda ós nenos que xogaban con ela.
Por último, aquí vos deixamos cun vídeo que recolle o ben que o pasamos no Entroido.
Deja una respuesta