O pasado mércores 16 os/as alumnos/as de Infantil e de Primaria celebraron o Día das Letras Galegas e a festa dos maios cunha pequena celebración no teatro do noso cole.
Pasamos un rato moi divertido no que os/as rapaces/as de 6º recitaron o poema E haberá tirón de orellas? de Mª Victoria Moreno, homenaxeada das Letras Galegas deste ano; os/as nenos/as de 5º recitaron as coplas dos maios do noso cole; e, os/as de 4º fixéronlle unha entrevista a mismísima Mª Victoria Moreno!
A continuación vos deixamos unhas fotos con algúns momentos da nosa celebración e tamén as coplas dos nosos maios.
Recibamos este maio
con moita ledicia
verde, branco, amarelo,…
ven cheo de margaridas!
Este ano o noso lema
foi alén das aulas
saímos todos ás rúas
invadimos Pontevedra.
Os proxectos de infantil
fóronche moi riquiños
haiche moita ilusión
xa naceron os poliños.
Este ano, no entroido
chegaron os superheróes
Superwoman, Superman
e tamén o Batman.
No noso colexio
se te queres animar
ós exames de Cambridge
pódeste apuntar.
O Sagrado Máis
tivo moita animación
houbo charlas, mercadillo,
un concerto e cancións.
Fixeron as comunións
os rapaces e rapazas
o teatro estaba cheo
de traxes e garabatas!
Este ano ó colexio
viñeron moitos famosos:
César Bona, Xabier Fortes,
e tamén Ana Pastor.
O equipo de biblioteca
fixo un gran traballo
cantos libros ordenaron
lles damos un gran aprauso.
Agora xa temos a horta,
xa non falta de nada
prantaremos as leitugas,
margaridas e patacas.
Esta é a derradeira
xa toca a despedida
voltaremos o ano próximo
con outra cantiga!
Deja una respuesta