Os/as alumnos/as de 5º de Primaria estamos vivindo a tope o lema deste ano do cole.
Como sabedes, alén das aulas implica ir mais alá; mais alá das nosas aulas, mais alá do que vemos e coñecemos a simple vista, mais alá dos coñecementos…
O lema deste ano estase convertindo nunha forma fermosa de vivir esta etapa escolar. Con este lema estamos descubrindo que tras catro paredes e que tras múltiples apariencias, hai moito más.
No colexio, dicían ao principio do curso, que son más que coñecementos, que son tamén experiencias; e nós estamos vivindo estas dúas cousas xuntas e da man.
O alumnado de 5ºpuido saír e comprobar os múltiplos e os divisores, conceptos moi abstractos para algún, visualizando e xogando coas ventás do colexio. Sen dúbeda, unha forma práctica de comprender o que a nosa mente non podía imaxinar. Ademais, estamos colléndolle o gusto a isto de repasar o tema de cada asignatura, de feito desexamos rematar os temas para facer estes repasos tan divertidos, por exemplo, en forma de encrucillados, de xincanas, puzzles,…
Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos!