En el último tema de este 2º trimestre, los alumnos y alumnas de tercero de primaria hemos trabajado el tema los animales. Los clasificamos en los distintos grupos, conocemos sus características, investigamos sobre ellos…
Os dejamos un vídeo para mostraros lo mucho que hemos trabajado, como siempre intentando aprender de manera divertida. ¡Esperamos que os guste!
Nas últimas semanas os alumnos e alumnas de 3º de E.P., acompañados dos nosos mestres de C. Naturais, estivemos a traballar o tema das PLANTAS con: Mapas Conceptuais, O Todo e as Partes, Compara e Contrasta… Con este tipo de estratexias aprendemos a pensar, a organizar as nosas ideas e a plasmalas de forma gráfica. Temos un lugar no que valoramos as achegas de todos os compañeiros/as, aclaramos dúbidas e finalmente re-elaboramos o tema entre todos/as. Con este xeito de aprender todo é máis doado e está máis organizado.
Neste vídeo ensinámosvos algúns dos nosos traballos, proxectos e actividades. Esperamos que vos gusten e non esquezades que o importante é: APRENDER A PENSAR.
O Entroido é sinónimo de alegría e de festa e este ano, aínda que diferente, non ía ser menos! A pesares de non poder ter o noso tradicional desfile, os nosos ánimos non decaeron: disfrazámonos (incluídos os profes), bailamos, rimos, fixemos manualidades… Foi un auténtico non parar!
Durante toda a semana traballamos o Entroido nas diferentes materias: a súa orixe, as diferentes celebracións por toda Galiza, poemas, cancións… Incluso os alumnos de 3º de Primaria fixeron a súa tradicional murga!
Deixámosvos dous vídeos: un para que vexades o xeniais que íamos disfrazados e todos os traballos que fixemos e outro coa murga de 3º de Primaria, desfrutádeos!
Esta semana o alumnado de cuarto estivo traballando a figura de Ángeles Alvariño, a primeira muller e científica que se embarcou nun buque de investigación internacional, todo un exemplo de superación e para que os nenos e as nenas se decaten de que a ciencia non entende de xénero.
Ademais, levamos a cabo as nosas actividades co precioso libro Pioneiras, escrito por Anaír Rodríguez Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz, no que se pon en valor a doce mulleres galegas que romperon coas regras impostas ao seu xénero.
Todos os anos agardamos polo día de Portas Abertas, ese día no o que o noso colexio ábrese para que todos os que estades desexando coñecer como traballamos, como é o noso día a día, as nosas instalacións,…Máis, este ano, danos moita mágoa que por mor da Covid non podades vir, de todas formas quixemos facer un pequeno vídeo para que dende a vosa casa podades sentir o que é o Sagrado!
Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz sabendo que é algo que debemos ter presente e celebrar no noso día a día.
Dende o cole, unimos esta celebración ao noso lema obtendo como resultado “Contacto comigo”, o cal foi o fío condutor de todas as actividades realizadas ao longo desta semana.
En primeiro, a Paz estivo presente en todas as materias a través de cancións, oracións, bailes, sesións de interioridade, debuxos e de dous contos moi especiais: “Pirata Plin, Pirata Plan” e “La bruja enfadada”. Todas estas actividades axudaron aos máis peques de primaria a reflexionar sobre cales son as mellores formas de practicar a Paz todos os días.
En segundo, os rapaces e rapazas aprenderon por que o día da Paz celébrase hoxe (para conmemorar a morte de Gandhi) e en honor a quen se celebra. Todo isto foi traballado a través de diversas actividades, como murais, cadenas con palabras da paz… sen esquecerse de cantar, de bailar e de facer interioridade!
En terceiro, tamén estudaron a figura de Gandhi a través da súa historia e das súas accións. Ademais, leron o conto “Buscando la Paz” que axudou aos nenos e nenas a entender como representar “a paz perfecta”.
Para rematar, deixámosvos un vídeo para que podades ver algunhas das actividades que levamos a cabo estes días. Feliz día da Paz!
Tal día como hoy, hace 42 años, todos los españoles y españolas mayores de 18 años, fueron convocados para ir a votar un Referéndum. La pregunta era muy sencilla, con dos posibles respuestas: sí o no.
Votar sí, significada que este país pasaría a ser una monarquía parlamentaria, en la que cada cuatro años todas las personas de este país decidimos quién va a gobernar. Votar no, traería consigo buscar otra alternativa, con la posible pérdida de tiempo que ello conllevaría.
Al final, casi el 92% de los votantes confirmaron la necesidad de cambio y la Constitución fue aprobada por el pueblo español. Ella es la Carta Magna, que guía la vida de este país, siendo su seña de identidad.
Desde el cole, hemos querido homenajear este día de diferentes formas: hablamos sobre ello, hicimos dibujos, cantamos canciones e, incluso, vimos una canción sobre el tema hecha con pictos… ¡Feliz 42 cumpleaños!
Este mércores celebramos o Magosto. Aínda que dun xeito diferente, sen poder estar todos xuntos, aproveitamos para festexar esta importante cita coas castañas.
Aprendimos sobre a orixe desta antiga celebración, comemos castañas, divertímonos con xogos populares e tamén tivemos tempo para cantar e bailar. Viva o Magosto!
Este venres todos as clases de primeiro, segundo e terceiro celebramos o Samaín con algúns disfraces e diferentes actividades de todas as materias. Aproveitamos a celebración desta antiga festa celta para coñecer a súa orixe, e aprender como facían as súas pocións maxicas os druidas, e como posteriormente convertíuse na festa de Halloween que se celabra en tantos países de habla inglesa.
Fixemos de todo: En matemáticas, operacións con obxectos terroríficos; en galego, actividades de comprensión sobre o orixe desta festa; en cienciasnaturais, como en terceiro estamos vendo o tema dos sentidos e a función de relación, experimentamos como diferentes sons e imaxes nos podían transmitir sensacións como susto, medo, tranquilidade… etc. E como olvidar, as actividades de plástica, que nos levamos para casa e coas que decoramos os corredores, así como as divertidas actividades que prepararon as profes de inglés con Joe, cantando e bailando.
Incluso no recreo apareceu un corvo, para recordarnos que en moitísimas culturas é o animal relacionado cos cemiterios, mortos e co medo.
Estas son algunhas das actividades que fixemos hoxe ou esta semana. Deixámosvos unhas fotos, a ver se saídes en algunha!