Mes: febrero 2021

Entroido

O Entroido é sinónimo de alegría e de festa e este ano, aínda que diferente, non ía ser menos! A pesares de non poder ter o noso tradicional desfile, os nosos ánimos non decaeron: disfrazámonos (incluídos os profes), bailamos, rimos, fixemos manualidades… Foi un auténtico non parar!

Durante toda a semana traballamos o Entroido nas diferentes materias: a súa orixe, as diferentes celebracións por toda Galiza, poemas, cancións… Incluso os alumnos de 3º de Primaria fixeron a súa tradicional murga!

Deixámosvos dous vídeos: un para que vexades o xeniais que íamos disfrazados e todos os traballos que fixemos e outro coa murga de 3º de Primaria, desfrutádeos!

Bo entroido!

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Esta semana o alumnado de cuarto estivo traballando a figura de Ángeles Alvariño, a primeira muller e científica que se embarcou nun buque de investigación internacional, todo un exemplo de superación e para que os nenos e as nenas se decaten de que a ciencia non entende de xénero.

Ademais, levamos a cabo as nosas actividades co precioso libro Pioneiras, escrito por Anaír Rodríguez Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz, no que se pon en valor a doce mulleres galegas que romperon coas regras impostas ao seu xénero.

Agardamos por vós!

Todos os anos agardamos polo día de Portas Abertas, ese día no o que o noso colexio ábrese para que todos os que estades desexando coñecer como traballamos, como é o noso día a día, as nosas instalacións,…Máis, este ano, danos moita mágoa que por mor da Covid non podades vir, de todas formas quixemos facer un pequeno vídeo para que dende a vosa casa podades sentir o que é o Sagrado!

© 2021 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑