Este venres todos as clases de primeiro, segundo e terceiro celebramos o Samaín con algúns disfraces e diferentes actividades de todas as materias. Aproveitamos a celebración desta antiga festa celta para coñecer a súa orixe, e aprender como facían as súas pocións maxicas os druidas, e como posteriormente convertíuse na festa de Halloween que se celabra en tantos países de habla inglesa.
Fixemos de todo: En matemáticas, operacións con obxectos terroríficos; en galego, actividades de comprensión sobre o orixe desta festa; en ciencias naturais, como en terceiro estamos vendo o tema dos sentidos e a función de relación, experimentamos como diferentes sons e imaxes nos podían transmitir sensacións como susto, medo, tranquilidade… etc. E como olvidar, as actividades de plástica, que nos levamos para casa e coas que decoramos os corredores, así como as divertidas actividades que prepararon as profes de inglés con Joe, cantando e bailando.
Incluso no recreo apareceu un corvo, para recordarnos que en moitísimas culturas é o animal relacionado cos cemiterios, mortos e co medo.
Estas son algunhas das actividades que fixemos hoxe ou esta semana. Deixámosvos unhas fotos, a ver se saídes en algunha!
FELIZ SAMAÍN!