Mes: enero 2018

Visita de Xavier Estévez

Como moitos xa sabedes, os alumnos de quinto de primaria estamos embarcados no Proxecto Faro da Escola e hoxe queremos deixarvos un cachiño dos nosos comezos como xornalistas.

Despois de ler o libro Avións de papel, de Xavier Estévez; recibimos a noticia de que poderiamos entrevistalo. Así que, puxémonos mans a obra e preparamos unha boa entrevista e, por suposto, un agasallo para o escritor.

Sen dúbeda algunha, este libro fíxonos sentir e tiñamos claro que debiamos mostrarllo a Xavier; polo que empregamos todos os nosos esforzos en facer unha réplica do seu libro, poñéndolle como título, “Emocionario de Avións de papel”.

Neste exemplar, puidemos contarlle en primeira persoa e sen máis intermediarios que o papel e o lapis, as emocións que este libro nos fixo sentir.

Desexamos que vos guste o noso traballo e dende aquí, moitas grazas por todo Xavier.

ALÉN DA IDADE MEDIA

Na primeira avaliación os alumnos de Segundo de PrimariA do Sagrado tivemos o proxecto “Alén da Idade Media”. De primeiras, parecía un tema moi interesante, porque todos tiñamos moita curiosidade por saber, sobre todo, como se vivía nos castelos, como traballaban, que comían ou como era a vida dos señores dos castelos.

O primeiro día, o mestre recolleu todas as preguntas que nos ían saíndo. O principio eran normais, pero despois, as preguntas eran cada vez máis raras e interesantes. Como se comunicaban, como se lavaban, como se desprazaban , ata como ían ó cuarto de baño!

Pouco a pouco comezamos levando á clase traballos, información, murais, presentacións no ordenador ou incluso maquetas dun castelo, ou réplicas das armas que usaban!!

Cada compañeiro era mestre por un momento e ensinábanos o que preparara. Eu preparei coa axuda dos meus pais un mural das diferentes partes dun castelo, e as indicaba nun debuxo. Molou moito ensinarlle as partes do castelo a todos os compañeiros , e incluso ó mestre!!

Tivemos dúas excursións, que foron momentos moi divertidos. A primeira foi ó Castelo de Soutomaior, alí puidemos ver e percorrer por todas as partes que aprenderamos na clase: patio de armas, ponte levadiza, paseo de ronda… estaba
todo!! Pero a min, a parte que máis me gustou foron os calabozos. Sentímonos como Pedro Madruga camiñando polo seu Castelo na Idade Media. Tamén fomos ó Museo de Pontevedra. Alí un guía moi simpático ensinounos diferentes obras de arte da Idade Media que se atoparon cerca de Pontevedra. Comprobamos que case todas eran relixiosas e poñíanse nas igrexas. Servían para adornalas e para representar partes da vida de Xesús e outros santos.

Por último, o derradeiro día tivemos o acto de nomeamento de Cabaleiros e Cabaleiras do Sagrado Corazón. Durante os días anteriores fixemos os nosos propios escudos, espadas e traxes de cabaleiros e cabaleiras para que puidera ser un nomeamento real. Os mestres, que facían de señores feudais, fixeron isto para celebrar que remataramos o proxecto e aprendemos un montón sobre a vida na Idade Media e os Castelos.

COÑECENDO ESPAÑA

A NUTRICIÓN

En 6º de Primaria realizamos un proxecto sobre  a nutrición. Buscamos e analizamos a información do tema, realizamos un mural como produto final, expuñemos todo o aprendido e ata aprendimos a facer unha RCP básica.

Parasol ou paraugas?

Hoxe dende quinto de primaria, queremos darvos a coñecer un dos nosos proxectos. Neste caso, podedes ver o proxecto “Parasol ou paraugas?”, co que comezamos unha pesquisa sobre o clima, no mundo que nos rodea.

Esperamos que desfrutedes co vídeo tanto coma nós durante o proxecto!

COMPARTIENDO MÚSICA

Finalizando el primer trimestre, dos de nuestros más destacados artistas han recorrido numerosas clases del colegio para compartir con sus compañeros su música. Paula Diz (2º de ESO) y Tito Diz (6º de primaria) quisieron deleitarnos interpretando piezas clásicas de diferentes compositores y épocas, con violín y violoncello respectivamente.

Esta es quizás una de las mejores formas de acercar la música culta a nuestro alumnado, permitiéndoles además ver muy de cerca los resultados que se pueden llegar a alcanzar con trabajo y esfuerzo.

Esta aventura musical ha tenido una gran acogida por parte del público que ha sabido apreciar y agradecer el esfuerzo realizado por estos dos compañeros con aplausos, elogios e incluso, en alguna clase, con firma de autógrafos.

Espero que pronto podamos seguir con esta iniciativa para que pueda llegar a todas las aulas de nuestro centro.

Rubicundo

Os/as alumnos/as de 4º de primaria asistiron á obra de teatro “Rubicundo”. Unha fermosa historia sobre a amizade e a constancia entre tres personaxes: Darío, Erea e Rubicundo.

Rubicundo é un cosedor de ventos que todas as noites sae na súa bicicleta. Parece que ninguén repara nel, agás Erea, unha rapaza soñadora que está disposta a chegar ata o final do misterio coa axuda do seu amigo Darío.

Os rapaces e as rapazas gozaron desta obra coa súa posta en escena, as súas cancións e os bailes.

Aquí vai unha pequena mostra dos seus debuxos e traballos.

© 2020 SER DE PRIMARIA

Tema por Anders NorenArriba ↑