Dende principios de febreiro, os alumnos de primeiro de primaria, empezaron a recibir unhas misteriosas cartas. Esas cartas, eran dunha astrónoma que lles pedía axuda para investigar o espazo.

Grazas a estas misións, aprenderon moito: os eclipses, os planetas, as viaxes espaciais… Foi unha experiencia única!

Para rematar esta experiencia, conectáronse por videochamada coa astrónoma, que aproveitou para resolver todas as suas dúbidas e serviu para poder coñecela despois de tanto tempo e de tantos misterios.

Deixámosvos un vídeo que resume un pouco esta experiencia. Esperamos que vos guste!